domingo, 11 de septiembre de 2011

FOTOS PEREGRINAS


Aquí temos un exemplo do que fan os peregrinos na cidade ao chegaren logo de percorrer esa congostra que vén cada ano dun lugar diferente. (O ano que vén de seguro que inventan o camiño de Santiago submariño en recordo das peregrinacións da Atlántida)

Pero, que significan estes actos post-camiño?




Teoría 1- Que o concello, en vista das novas políticas restrictivas motivadas pola recesión universal, instale o sistema de alimentación eléctrica por tramos. Paga unha factura e selaranche a Compostelana, así redúcenche tempo no Averno cunha Bula Papal financiada polas compañías eléctricas.




Teoría 2- Segundo reputados teóricos da conspiración, helicópteros negros financiados polas redes do narco, deixan caer zapatos de deporte, con GPS no seu interior, para que os camellos locais puidesen detectar a quen lles deben 5 céntimos de euro da última dose suministrada.




Teoría 3- Non son peregrinos, é o teu veciño que é un porco e un amarrado que non gasta nada en plantillas contra o mal cheiro corporal.



Chiste que atopamos nun contador da luz.

2 comentarios:

  1. non sei que significan pero debe haber unha ruta descoñecida do camiño de compostela por barcelona porque se atopan os mesmos especímenes...

    ResponderEliminar
  2. vull conèixer aquesta versió de la ciutat comtal

    ResponderEliminar