miércoles, 29 de diciembre de 2010

DOLOS




Viven na costa de Xove, concretamente en Morás, nunha área moi reducida xunto ao cabo de Morás e o porto desta parroquia xovense.



Naceron co progreso industrial enclavista a finais dos setenta e comezos dos oitenta. Foron paridos desde o granito de Morás e o portland importado.



Eran fabricados no mesmo sitio onde se barrenaba o granito. Logo de mesturar a pedra co cemento, eran embarcados por guindastres nun peirao agora abandonado.






A inmensa maioría acabaron formando os diques que pecharon a antiga baía de Morás entre Xove e Cervo. O obxectivo, protexer a factoría de Alcoa de San Cibrao-Xove.





Outros quedaron no sitio, esperando que chegue o día do seu destino.





Mesmo algúns déixanse querer mentres esperan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario